Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Día da Galiza Mártir

17 - Agosto

17a17 de agosto é o día de honra á memoria dunha Galiza Mártir, a memoria de todas e todos que  morreron asasinados por defenderen os seus ideais simbolizada no día que Alexandre Bóveda era fusilado no monte da Caeira. Foi no exilio en Bos Aires onde a Irmandade Galega institúe o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir. Castelao  inmortalizou simbolicamente no seu álbum Galicia Mártir a todas as vítimas da represión fascista en Galiza durante a Guerra. A máis representativa delas, a quen Castelao adicou o seu testamento político, o libro Sempre en Galiza e a quen considerou o símbolo de todas as vítimas no seu discurso Alba de Groria, foi Alexandre Bóveda, dirixente do Partido Galeguista, vítima dun falso proceso en Pontevedra e fusilado na Caeira o 17 de Agosto de 1936. Sería en Pontevedra, no cemiterio de Santo Amaro en que foi enterrado Alexandre Bóveda, onde se realizaría en 1977 o primeiro acto público en Galiza do día da Galiza Mártir. Haberá que esparar a  2006 para que Parlamento aprobe unha iniciativa que lle daría carta institucional á conmemoración. Deixou escrito Castelao nunha das súas estampas do Galicia Mártir Non enterran cadáveres, enterran semente.

Details

Date:
17 - Agosto