Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Detención de Francisco Miguel

3 - Agosto

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 3 of Agosto, repeating indefinitely

3aO 3 de agosto de 1936 a Garda Civil detén o pintor, intelectual e libreiro Francisco Miguel. Preso dúas veces, a primeira delas nesta madrugada do 3 de agosto e liberado, logo foi detido de novo e paseado. Asasinado na noite do 28 de setembro, o corpo do pintor apareceu salvaxemente torturado e mutilado na parroquia carballesa de Bértoa o día 29.  A brutalidade e a saña que rodearon o caso de Francisco Miguel convérteno nun símbolo particular da Galiza Mártir. O fascismo poñíalle fin deste xeito á vida dun home que tivo ao seu cargo a Libraría da Arte da coruñesa Rúa Real e que foi colaborador das revistas Casa de América  e Alfar, da que foi director artístico. Con só vinte anos tiña ao seu cargo a Librería de Arte, lugar de cita dos intelectuais e políticos republicanos e galeguistas. En contacto coas vangardas europeas e americanas residirá por espacio de sete anos en México e voltará a Galiza no ano 1935, instalándose coa súa muller, a escritora coruñesa Syra Alonso, e os seus tres fillos na localidade de Santa Cruz de Oleiros.

Detalles

Data:
3 - Agosto