Loading Events

« All Events

Descrición da Bandeira Galega

10 - Setembro

10 sO 10 de setembro de 1898 aparece na prensa  a primeira descrición da nosa bandeira. Aínda  que se ignoran datos importantes sobre o artigo que contén esa primeira descrición sábese que se publicou orixinariamente no ano 1898 nun xornal compostelán, pero sen que exista absoluta certeza sobre cal foi. Tampouco sabemos se o escrito estaba asinado ou era anónimo. Posteriormente o artigo apareceu publicado, sen indicación de procedencia nin de autor, no N. 248 do 10 de setembro de 1898 de El Eco de Galicia de Bos Aires, co título de La bandera de Galicia, indicando que tiña fondo branco e franxa azul atravesando o centro desde o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito, engadindo ademais que no centro podería representarse o escudo de Galiza, coroa real e o cáliz no centro rodeado das cruces. Indica ademais que a única vez que se viu usada publicamente foi durante a translación do corpo de Rosalía de Castro desde Iria Flavia ao mausoleo da igrexa de San Domingos de Bonaval en Compostela, é dicir, nun acontecemento que tivo lugar no mes de maio de 1891.

Details

Date:
10 - Setembro