Cargando eventos

« Todos os eventos

Desaparición da revista A Gaita Gallega

18 - Decembro

18 dO 18 de decembro de 1887 desaparece a revista A Gaita Gallega, a primeira publicación monolingüe en galego non só en Cuba senón en toda América. Comezara a súa andaina o 5 de xullo de 1885. Os seus fundadores e directores foran Chumín de Céltegos (Ramón Armada Teixeiro) e Roque d’as Mariñas (Manuel Lugrís Freire). Centraba o seu contido nos traballos de carácter patriótico, de afirmación da identidade galega, a defensa da lingua e sobre a historia de Galiza. Estaba dividida en Tocatas (ao xeito que O Tío Marcos da Portela, fundado en Ourense nove anos antes e no que Lugrís colaboraba, estaba dividido en Parrafeos). Da Gaita Gallega editáronse vinte números ordinarios e un extraordinario dedicado integramente á morte de Rosalía. Reaparecerá o 20 de xullo de 1889 como suplemento de El Eco de Galicia, mais por pouco tempo xa que en decembro dese ano deixa de saír definitivamente.

Detalles

Data:
18 - Decembro