Cargando eventos

« Todos eventos

Debút de Cántigas

12 - Xullo

12 x coro fundacionalO 12 de xullo de 1917 Cántigas da Terra debutou ante o público no Teatro Rosalía da Coruña. Compoñían Cántigas da Terra un coro de trinta mozos. Da dirección do coro encargábase Mauricio Farto Parra, da dirección artística Leandro Carré e da presidencia Eladio Rodríguez González. O éxito daquela estrea provocou que se repetira o acto unha semana despois co mesmo programa. Cántigas da Terra axiña se converteu nun coro mixto e promoveu festivais que desbordaban o Teatro Rosalía.  As Irmandades da Fala  tiveron sempre presente a necesidade de crear agrupacións onde as corais e o teatro servisen de instrumento para achegar a todo o público a lingua e a cultura. Con ese espírito nace Cántigas da Terra.

Detalles

Data:
12 - Xullo