Default title

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

De catro a catro

27 - Marzo

|Recurring Event (See all)

27 m(oslibrosdeanxelcasal)O 27 de marzo de 1928 a editorial “Nós” imprimiu o libro de poemas De catro a catro. Follas sin data d’un diario d’abordo de Manuel Antonio, un dos libros clave da renovación poética das vangardas galegas, poemario que, lonxe de toda imitación das diversas correntes vangardista, presenta unha vangarda expresada desde a máis absoluta orixinalidade. A novidade desta obra atinxe tanto ao aspecto formal como ao léxico, estilístico e temático. O libro foi escrito entre 1926 e 1927 durante unha das viaxes de Manuel Antonio, mariñeiro de profesión, a bordo do Constantino Cadeira, aínda que non foi publicado até 1928, uns meses antes da morte prematura do autor

Details

Date:
27 - Marzo