Loading Events

« All Events

Curros Enríquez

15 - Setembro

15sO 15 de setembro de  1851 nace en Celanova o escritor e xornalista Manuel Curros Enríquez. En Madrid, onde inicia os estudos de Dereito, comezou a súa carreira xornalística. Premiado nun certame poético en Ourense cos poemas Unha boda en Einibó, O Gaiteiro de Penalta e A Virxe do Cristal, comeza con eles o seu asentamento na literatura galega, consagración que se produciría en 1880 coa publicación de Aires da miña terra. O contido dalgúns poemas deste libro, como A igrexa fría e Mirando ao chau, foron considerados heréticos, blasfemos e escandalosos por certos sectores eclesiásticos. O bispo de Ourense denunciaría o libro e viría a excomunión de Curros por parte da igrexa, a condena a unha multa de 250 pesetas e dous anos de cadea. Posteriormente sería absolto na Audiencia territorial da Coruña. O éxito do libro leva a unha segunda edición ao ano seguinte. A claridade e a forza con que defendía o seu ideario, a súa rebeldía, o seu compromiso déronlle unha fama en vida que o levou a ser homenaxeado varias veces como poeta civil. Morrerá emigrado na Habana.

Details

Date:
15 - Setembro