Loading Events

« All Events

Crise da Editorial Nós

21 - Setembro

O 21 de setembro de 1934 publícase en El Pueblo Gallego a entrevista de Álvaro das Casas a Ánxel Casal onde anuncia a crise da Editorial Nós. Álvaro de las Casas presenta a iniciativa da organización dunha homenaxe a Casal e propón establecer unha subscrición para dotar ás bibliotecas dos centros escolares galegos con obras de Nós. A resposta dos escritores foi inmediata. Vilar Ponte recomenda unha exposición do libro galego e a confección dunhas estatísticas da produción e venda para coñecer os gostos do público. A Nosa Terra indica aos seus lectores a importancia de axudaren subscribindo o impreso para a venda de obras de Nós. Á mesma estratexia responderá A Fouce e Alento, que inserirán nas súas páxinas ofertas de lotes de libros de Nós.

Details

Date:
21 - Setembro