Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Crecente Vega

3 - Xullo

3xO 3 de xullo de 1896 nace en Castro de Rei Xosé Crecente Vega. O único poemario da súa autoría, Codeseira, saiu da imprenta en 1933. Segue neste libro unha liña iniciada por Noriega Varela e seguida por Aquilino Iglesias Alvariño, polo propio Crecente Vega e por Xosé María Díaz Castro.  Foi párroco de San Xiao de Narón e catedrático de latín en Málaga e Segovia, onde morre. Cumprindo o desexo do escritor de ser enterrado na súa terra, en 1998 os seus restos foron transladados ao cemiterio parroquial de Santa María de Outeiro.

Detalles

Data:
3 - Xullo