Cargando eventos

« Todos eventos

Cousas

24 - Abril

24 aO 24 de abril de 1929 sae do prelo o Segundo libro de Cousas de Daniel R. Castelao,  editado por Nós na Coruña. Cada “cousa” está composta por un texto e unha ilustración. A fórmula empregada por Castelao nesta súa obra é orixinal, un novo xénero que supera a linde do exclusivamente literario para, coa axuda da imaxe, narrar acontecementos cunha precisa utilización da palabra. “Cousas” representa a crónica dos desfavorecidos retratada por un debuxante, non se trata de propoñer solucións senón de evidenciar as eivas sen adoptar actitudes moralizantes. A misión de Castelao consiste en denunciar a inxustiza e remover a conciencia dos lectores.

Detalles

Data:
24 - Abril