Couceiro Freijomil
2 - Xuño
Ás sete da tarde do 2 de xuño de 1888 nace en Pontedeume Antonio Couceiro Freijomil. Membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega foi redactor de Ecos del Eume e de El Diario de Orense e colaborou en múltiples publicacións como La Zarpa, Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego ou La Noche. En 1935 aparece a versión definitiva da súa obra El idioma gallego. Historia. Gramática. Literatura e, entre 1951 e 1953, publica os tres tomos do seu Diccionario Bio-bibliográfico de Autores, un inventario da vida e obra dos escritores galegos, catálogo que contén 4.169 biografías.