Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Couceiro Freijomil

2 - Xuño

2xÁs sete da tarde do 2 de xuño de 1888 nace en Pontedeume Antonio Couceiro Freijomil. Membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega foi redactor de Ecos del Eume e de El Diario de Orense e colaborou en múltiples publicacións como La Zarpa, Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego ou La Noche.  En 1935 aparece a versión definitiva da súa obra El idioma gallego. Historia. Gramática. Literatura e, entre 1951  e 1953, publica os tres tomos do  seu Diccionario Bio-bibliográfico de Autores, un inventario da vida e obra dos escritores galegos, catálogo que contén 4.169 biografías.

Detalles

Data:
2 - Xuño