Cargando eventos

« Todos eventos

Coroamente de Curros

21 - Outubro

21oO 21 de outubro de 1904 era coroado na Coruña en olor de multitudes Manuel Curros Enríquez. Perseguido pola Igrexa e condenado pola xustiza a causa da publicación de varios poemas de Aires da miña terra, o seu vínculo coa sociedade seríalle recoñecida nun acto de coroación como gran poeta civil de Galiza. Nun emocionante acto organizado por diversas sociedades culturais e presidido por Manuel Murguía léronse 24 poemas en gabanza do gran poeta. Interveñen, entre outros, Eduardo Pondal, Florencio Vaamonde Lores, Eladio Rodríguez González, Eugenio Carré Aldao, Manuel Lugrís Freire e Filomena Dato. Ao final do acto unha chuvia poética de follas en distintas cores cos poemas impresos descendeu sobre os asistentes á coroación. O acto celebrouse no Teatro Principal da Coruña (hoxe Rosalía de Castro). Curros foi agasallado cunha coroa de ouro e prata creada por Isidoro Brocos.

Detalles

Data:
21 - Outubro