Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Conto de guerra

29 - Maio

29 de maio de 1928, sae do prelo Conto de guerra escrito e ilustrado por Camilo Díaz  Baliño, sendo Ánxel Casal o editor na súa imprenta-editorial Nós. Non só sabemos a dta senón mesmo a hora da publicación pola dedicatoria manuscrita que Casal lle fixo a Díaz Baliño: Velahí con todo agarimo o primeiro exemprar que se rematou agora mesmo,12 e 50’ do día 29 de Maio do 1928. A. Casal. O libro foi concibido como texto de lectura para as Escolas do Insiño Galego, na conciencia do interese educativo de contar con textos propios de lectura. A dedicatoria que forma parte do texto impreso di Ás Escolas da Irmandade da Fala -novo lar onde arde o lume sagro da Raza. A Anxel Casal, meu irmán benquerido, loitador qu’alcende os corazóns dos rapaciños das escolas irmandinas. Camilo Díaz Baliño. Nadal de 1927.

Detalles

Data:
29 - Maio