Cargando eventos

« Todos os eventos

Constanza de Borgoña

8 - Maio

Constanza de BorgoñaO día 8 de maio de 1046 nace Constanza de Borgoña, raíña consorte de Castela e León –polo seu matrimonio con Alfonso VI de León– e nai de Urraca I de León, que sucedería no trono a seu pai. Constanza era filla de Roberto I de Borgoña e Hélie de Samur.

O matrimonio de Constanza –que xa era viúva do primeiro marido, o conde Hugo III– e Alfonso VI de León tivo seis fillos, dos que só Urraca chegou á idade adulta, chegando a reinar en León entre 1109 e 1126.

Constanza, que tivo que soportar as infidelidades do seu esposo, construíu un pazo en Sahagún (León), ao lado do Mosteiro de San Bieito. A raíña consorte faleceu en 1093 e os seus restos, cos do seu esposo, permanecen na localidade leonesa de Sahagún.

Detalles

Data:
8 - Maio