Conservatorio Nacional de Arte Galega
22 - Abril
O 22 de abril de 1919 ten lugar no Pavillón Lino da Coruña a primeira representación do Conservatorio Nacional de Arte Galega. Representa a obra de Ramón Cabanillas A man de Santiña escrita baixo os parámetros das Irmandades de conducir cara o uso do galego á clase media urbana, fortemente españolizada lingüística e politicamente. Dada a brevidade da peza a sesión foi completada coa representación de Uma anedota, do escritor portugués Marcelino Mesquita.