Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Consagración da catedral de Santiago

21 - Abril

Cruz da consagración da catedral de SantiagoO 21 de abril de 1211 o arcebispo Pedro Muñiz consagraba a catedral de Santiago construída sobre a antiga basílica que honraba a aparición dos restos do apóstolo Jacobo. A lenda di que foi un ermitán de nome Pelaio quen localizou o sepulcro do apóstolo, axudado dun resplandor divino. O bispo de Iria Flavia, Teodomiro, acudiu a ver o achado e, convencido de que se trataba da auténtica tumba, trasladou a Compostela a diocese. En torno á figura de Pedro Muñiz, alcumado O Nigromántico, xurdiron varias lendas arredor das supostas prácticas nigrománticas que levaba a cabo. Durante o seu arcebispado fixo valer a súa amizade co pontífice Inocencio III para acadar beneficios para a arquidiocese. Consagrou a catedral en abril de 1211 e soubo manter a estabilidade que non existira na segunda metade do século XII.

Details

Date:
21 - Abril