Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Concepción Sáiz Otero

22 - Maio

Concepción Sáiz OteroO día 22 de maio de 1851 nace en Santiago de Compostela a mestra, pedagoga, feminista e escritora Concepción Sáiz Otero. Trasladada coa familia a Madrid, ingresa na Escola Normal Central de Mestras. En 1884 exerce como profesora normalista, algo que fará ata a súa xubilación en 1921. Participou no Congreso Nacional Pedagóxico en 1882 e estivo na Mesa do Congreso Hispano–portugués–americano celebrado en Madrid en outubro de 1892, mesa na que tamén estaba Emilia Pardo Bazán. O seu traballo pedagóxico aparece en colaboracións en diarios, semanarios, revistas e publicacións profesionais. Concepción Sáiz Otero morre en Pancorbo (Burgos) en 1934.

Details

Date:
22 - Maio