Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Concepción Pérez Iglesias

9 - Xaneiro

Concepción PérezO 9 de xaneiro de 1925 en sesión extraordinaria, o Concello de Portas elixe a Concepción Pérez Iglesias Alcaldesa, converténdose así na primeira muller galega que ocupa ese cargo e a segunda no Estado Español (só uns meses antes, o 27 de outubro de 1924 fora elixida Matilde Pérez Mollá Alcaldesa dun concello de Alacante). Concepción Pérez exerceu como Presidenta da Corporación Municipal de Portas durante cinco anos consecutivos. Nacera en Compostela en 1981, estuda Maxisterio e aos 20 anos obtén o título de mestra, sendo destinada, en 1907, á escola nacional de nenas do Concello de Portas. O alcalde de Portas, Cesáreo Belsol Oria, médico de profesión, presenta a súa dimisión en xaneiro de 1925 e por seis votos a favor e un en branco é elixida Concepción Pérez como alcaldesa. 

Detalles

Data:
9 - Xaneiro