Cargando eventos

« Todos os eventos

Recoñecemento do Colexio Santiago Alfeo de Compostela

15 - Marzo

Alonso de FonsecaO 15 de marzo de 1526 unha bula de Clemente VII autoriza a Alonso III de Fonseca, Arcebispo de Compostela, a creación dun colexio en Santiago e dise, por algúns autores, que comeza así a fundación da universidade de Compostela. Clemente VII outorga con esta bula o recoñecemento do Colexio Santiago Alfeo de Santiago, e cando Alonso de Fonseca asina en Alcalá o seu testamento, no 1531, fala da intención de facer un «Colexio e Universidade». Con todo, non existe unanimidade nesta data porque non hai unha norma xeral aceptada para establecer a data fundacional dunha universidade e por iso a Universidade de Santiago reclama as súas orixes no proceso de creación dos estudos universitarios en Santiago de Compostela coa instalación no mosteiro bieito de San Paio de Antealtares do Estudo Xeral (Estudo de Gramática Latina) promovido por Lope Gómez de Marzoa, en 1495.

Detalles

Data:
15 - Marzo