Cargando eventos

« Todos os eventos

Clausura do Lazareto de San Simón

2 - Febreiro

Lazareto San SimónO 2 de febreiro de 1927 tiña lugar clausura oficial do lazareto de San Simón. Durante os séculos XII e XIII, aséntase nas illas de San Simón a Orde do Temple. É neste período cando se constrúe a primeira ermida de San Simón. Posteriormente, as illas pasarán ao bispado de Tui en 1370. No ano 1585, o corsario inglés Sir Francis Drake ataca a ría de Vigo e saquea a illa, repetindo o asalto catro anos despois e incendiando o mosteiro. Tamén, na Batalla de Rande, en 1702, o Mosteiro de San Simón volta a ser saqueado e queimado. En xuño de 1838, publicábase a Real Orde que decretaba a construción do lazareto, centro que actuaba como medida profiláctica para evitar a chegada de enfermidades infecciosas procedentes de Ultramar e así durante décadas servirá para acoller en corentena obrigada a todos os barcos procedentes de América que tiveran como destino calquera porto do noroeste peninsular.

Detalles

Data:
2 - Febreiro