Claridad
23 - Decembro
O 23 de decembro de 1933 nace o semanario republicano e galeguista Claridad. Fundado e dirixida por Luís Seoane e Luís Manteiga contará coas colaboracións artísticas de Luís Seoane, Castelao e Colmeiro. Estaba impreso na Editorial Nós en Santiago, na Rúa do Vilar 20, e saía os sábados. Só se coñecen 24 números, o último do o 3 de xuño de 1934 data en que a represión gobernativa suspende a súa saída.