Cargando eventos

« Todos os eventos

Clara Corral Aller

8 - Xuño

8xO 8 de xuño de 1847 nace en Ourense Clara Corral Aller, unha das poucas mulleres que publicaron textos en galego durante o século XIX. Mencionada por Couceiro Freijomil como cultivadora da escrita en galego é calificada por Carvalho Calero como unha das mellores poetas galegas. O primeiro poema que dela coñecemos é un poema publicado no Almanaque de Soto Freire en 1866, cando tiña apenas 19 anos. A súa obra aparece en diferentes publicacións como El diario de Santiago, La Revista Compostelana ou El Eco de Santiago de Bos Aires. En La Ilustración Gallega y Asturiana publica O ben na terra, Lonxe vai miña alegría e O día de San Antón, poemas que foron reproducidos noutras publicacións como O Tío Marcos da Portela. De 1891 é o único volume que publicou en vida, A Herminia. Foi  correspondente da Real Academia Galega en 1906.

Detalles

Data:
8 - Xuño