Círculo de Artesáns
6 - Xaneiro
6 de xaneiro de 1847 ten lugar na Coruña a primeira Xunta pola que se acorda fundar nesta cidade a “Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos” Elaboraranse e aprobaranse os estatutos e o 19 de marzo dese mesmo ano inaugurase na rúa Espoz y Mina nº 10 nun espazo de aluguer a súa sede. Así comezaba o que hoxe chamamos o Círculo de Artesáns, creado coa intención de establecer un punto de encontro para os comerciantes do centro da cidade da Coruña. Destaca desde o seu nacemento polo seu labor cultural.