Cargando eventos

« Todos eventos

César Vaamonde Lores

1 - Xuño

1  xO 1 de xuño de 1942  morre na Coruña César Vaamonde Lores, historiador e autor dunha extensa obra.  Exerceu como arquiveiro e bibliotecario da Real Academia Galega e cronista oficial da cidade da Coruña. O seu traballo centrouse na investigación histórica, deixando como proba numerosos artigos, sobre todo relacionados con aspectos da súa provincia de orixe: sobre o Mosteiro de Caaveiro, os xastres de Betanzos, as fábricas de moeda galegas, o escudo da Coruña… Empezou un Diccionario Gallego de Autoridades que deixou incompleto. Foi e membro de diversas sociedades e academias históricas españolas e portuguesas (Real Academia da Historia, Asociación de Arqueólogos Portugueses…) e foi socio fundador da sociedade Folk-lore Gallego. En 1933 é nomeado cronista oficial da Coruña. Manuel Casás deixou escrito sobre el: era moi distinto do tipo que as xentes e algúns novelistas e comediógrafos imaxínanse do arquiveiro huraño e gruñón, coas profusas guedellas colgantes e as lentes cabalgando sobre a punta do nariz, don César era todo o contrario: correcto, pulcro, amable e riseiro.

Detalles

Data:
1 - Xuño