Cargando eventos

« Todos os eventos

César Augusto Cisneros Luces

22 - Setembro

22sO 22 de setembro de 1849 nace en Muros o xornalista e escritor César Augusto Cisneros Luces. Cuba, Uruguai e Bos Aires foron os destinos de Cisneros Luces na emigración, onde aparece como unha das principais figuras da prensa galega en América. Cisneros Luces foi asinante dunha convocatoria o 13 de marzo de 1879, da que sairía a fundación do primeiro Centro Gallego de Bos Aires. Foi elixido vicepresidente da súa primeira xunta directiva. Ademais da súa actividade xornalística escribe o libro La insurrección de Ferrol, en que narra os acontecementos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872. Cultivou ademais a poesía, Na Ausencia é un dos seus poemas máis coñecidos.

Detalles

Data:
22 - Setembro