Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

César Alvajar Diéguez

10 - Xaneiro

César AlvajarO 10 de xaneiro de 1892 nace na Coruña César Alvajar Diéguez, escritor, xornalista e político. En Compostela, estuda Maxisterio e Letras e por esa época funda o xornal progresista La República. Tamén, colabora en moitos dos diarios de entón: Tierra Gallega, El Noroeste, A Nosa Terra, Ser, Galicia e Lar. Estivo encarcerado no Castelo de San Antón durante os sucesos da folga xeral de 1917. Afiliado sempre a partidos republicanos, César Alvajar Diéguez presidiu o Casino Republicano da Coruña e foi secretario do alcalde da Coruña Manuel Iglesias Corral. Casa con Amparo López Jean, a primeira muller que se afilia ao Partido Galeguista na Coruña. Foi Gobernador Civil de Soria durante a Segunda República e xefe da Secretaría da Delegación de Evacuación da Xunta de Defensa de Madrid despois do Golpe de Estado. Tamén exerceu como redactor da Sección de Información do Ministerio de Estado en Barcelona e redactor dos Servizos de Estado Maior do Exército de Terra. Rematada a Guerra Civil, exiliouse en París. Alí, dirixe La Nouvelle Espagne, órgano do Goberno Republicano no exilio. 

Detalles

Data:
10 - Xaneiro