Loading Events

« All Events

Cerre do cine París

17 - Outubro

17oO 17 de outubro de 1999, cando era o máis antigo do Estado Español en funcionamento e un dos máis antigos de Europa, cerraba na Coruña o cine París. O ano 1908 foi en toda Europa un ano decisivo na consolidación das primeiras salas cinematográficas e o empresario Eduardo Villardefrancos abre o Salón París, a primeira sala cinematográfica estable de Galiza. Desde 1908 a 1911 o Salón París conxuga as variedades co cinematógrafo e en 1911 transformarase só en cine. Eduardo Villardefrancos, que compaxinaría a súa faceta de propietario do Salón París co labor de operador de cine, promocionará as primeiras cintas para o seu autoconsumo. La Semana Santa en La Coruña ou Torneo de fútbol son as producións das que quedan constancia nos seus comezos. No París estrearase a primeira filmación coñecida dun partido de fútbol proxectada no Estado e gravada polo propio Eduardo Villardefrancos, o derbi galego entre o Deportivo e o Vigo F.C. O partido foi xogado na Coruña o 24 de xuño de 1911 e proxectado o 2 de xullo de 1912.

Details

Date:
17 - Outubro