Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Cerámicas do Castro

19 - Febreiro

Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneO 19 de febreiro de 1949 comeza a súa andaina en Sada Cerámicas do Castro. Isaac Díaz Pardo constrúe preto dun castro celta, un taller cerámico que terminará converténdose no complexo industrial de Cerámica do Castro. Inicialmente, reproducen figuras orixinais de artistas plásticos, empregando terras galegas da Mariña Lucense. As inquedanzas empresariais e artísticas de Isaac Díaz Pardo levárono a iniciar en Arxentina experiencias cerámicas, algo que lle permitiu contactar con exiliados galegos, entre os cales estaba o pintor Luís Seoane. O labor de Díaz Pardo serviu para interesar os intelectuais galegos exiliados na Arxentina desde o final da guerra civil española na intención e compromiso de traballar pola recuperación económica e cultural de Galiza, que se plasmou en 1963 na creación do Laboratorio de Formas.

Details

Date:
19 - Febreiro