Cargando eventos

« Todos os eventos

Centro Galego de Bos Aires

4 - Maio

4 aO 2 de maio de 1907  fúndase en Bos Aires o Centro Galego. Nos anos 50 chegou a ter 110.000 asociados e o seu sanatorio contaba con máis de 500 médicos e técnicos de saúde. O 2% do seu millonario orzamento era para cultura: unha revista mensual,  a editorial Galicia,  concursos anuais de música e literatura… Entre os seus directores figuran Luís Seoane e Blanco Amor.  Ten unha pinacoteca con obras de Castelao, Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, Colmeiro e outros artistas, e conta cunha biblioteca con máis de 20.000 volumes. Anexo ao Centro Galego está o teatro Castelao

Detalles

Data:
4 - Maio