Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Centro Galego da Habana

23 - Novembro

23nO 23 de novembro de 1879 fúndase o Centro Galego da Habana. Waldo Álvarez Ínsua proporía desde as páxinas de El Eco de Galicia, a fundación dun Ateneo Gallego. O 23 de novembro de 1879 no Teatro Tacón, o lugar que logo ocuparía o Centro Galego, ten lugar unha xuntanza en que se acorda constituír unha sociedade que se denominaría Centro Galego, Sociedade de Instrucción e Recreo. Un dos seus principais obxectivos sería proporcionarlles aos emigrados galegos asistencia sanitaria, obxectivo que levaría á creación do sanatorio La Benéfica que chegou a contar na década dos anos 50 con 13 pavillóns e un promedio diario de 650 enfermos. O seu labor solidario, a súa loita contra a explotación dos galegos emigrados e o seu gran labor cultural cualifica O Centro Galego da Habana como a máis importante da historia da emigración galega. En 1920 o Centro Galego contaba con 64.000 soci@s.

Detalles

Data:
23 - Novembro