Cargando eventos

« Todos os eventos

Celsa Pérez Moreiras

25 - Decembro

O 25 de decembro de 1912 nace en León Celsa Pérez Moreiras, colaboradora do Seminario de Estudos Galegos. En 1932 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago onde tamén foi profesora da Facultade de Farmacia en 1933 como Axudante de Clases Prácticas da materia de Técnica Física. Colaborou no Instituto de Estudios Regionales e no Laboratorio de Bromatoloxía. Traballou no Instituto de Patoloxía Médica dirixido por Gregorio Marañón publicando xunto a este destacado endocrinólogo dous traballos sobre vitaminas e metabolismo muscular. Aparece nunha publicación sobre análise química dos queixos galegos xunto ao catedrático de Farmacia Aniceto Charro, e tamén xunto a el colaborou no Instituto de Estudos Regionales, no Laboratorio de Bromatoloxía do Seminario de Estudos Galegos. Despois do golpe militar  de xullo de 1936, traballaría  con Charro Arias no Laboratorio de Farmacia Militar  de Santiago. Morre en Madrid o 26 de xullo de 2010.

Detalles

Data:
25 - Decembro