Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Celia Brañas Fernández-Miranda

12 - Xuño

Celia BrañasO día 12 de xuño de 1948 falece na Coruña a científica Celia Brañas Fernández-Miranda. Nada na Coruña en 1880, é considerada unha das pioneiras na incorporación da muller á ciencia. En 1908 comezou a traballar como profesora na Escola Normal da Coruña. Xubilada en 1946, foi directora da Escola en varias ocasións. Poñente –en 1919– no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña, defendeu nel o tema da importancia que para Galiza tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña. Logrou que en 1920 o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña, que sería precursor da creación –en 1932– da estación biolóxica de Marín.

Detalles

Data:
12 - Xuño