Casto Sampedro
8 - Abril
O 8 de abril de 1937 morre en Pontevedra Casto Sampedro Folgar folclorista e investigador da arqueoloxía. Foi un grande erudito, con coñecemento das linguas clásicas, da paleografía, da heráldica, e un excelente musicólogo. É autor do Cancionero musical de Galicia. No seu tempo foi considerado o sucesor de Murguía. Foi o primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra.