Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Castelao: home-artista

14 - Xaneiro

n 14 xan (RAG)O 14 de xaneiro de 1950, sete días despois do pasamento de Castelao, Valentín Paz Andrade dedicoulle unha necrolóxica no suplemento do sábado do xornal santiagués “La Noche”. No seu artigo titulado “Castelao, el hombre y el artista”, fixo unha fervorosa gabanza do amigo, enfrontándose á censura da época. Para Paz Andrade, Castelao non fora unicamente un artista, fora tamén un home que traballou arreo polo ben dos demais e polo ben do seu pobo. O suplemento cultural de “La Noche” sería pechado pola censura dous números máis tarde, o 31 de xaneiro de 1950.

Detalles

Data:
14 - Xaneiro