Loading Events

« All Events

Castelao

7 - Xaneiro

n 7 xanO 7 de xaneiro de 1950 morre en Bos Aires Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a figura de máis relevancia dentro da política, literatura e arte de Galiza do século XX. Participou nas Irmandades da Fala desde a súa fundación en 1916, colabora na revista Nós da que é o seu director artístico, membro do Seminario de Estudos Galegos, colaborador en A Nosa Terra, investigador, conferenciante, articulista, pintor, debuxante, escritor… Na súa produción artística e literaria xa está presente a súa postura crítica co capitalismo, o imperialismo e o eurocentrismo. A principios dos anos 30 convértese na figura pública do nacionalismo. Membro fundador do Partido Galeguista, o seu traballo foi decisivo na unificación e consolidación do nacionalismo galego e na promoción do Estatuto de Autonomía. Logo da vitoria do fascismo desde a emigración desenvolve unha actividade continua de concienciación nacionalista e en defensa dos intereses de Galiza. A súa principal obra política é Sempre en Galiza.

Details

Date:
7 - Xaneiro