Casiano del Prado y Vallo
4 - Xullo
O 4 de xullo de 1866 morre o xeólogo Casiano del Prado y Vallo. Nado en Santiago o 13 de agosto de 1797 e finado en Madrid, foi enxeñeiro de minas e xeólogo, considerado un pioneiro da Arqueoloxía. Con vinte anos foi detido pola Inquisición e acusado de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros prohibidos. Pasou máis de un ano recluído e incomunicado nos cárceres da Inquisición. Formou parte da Comisión para a Carta Xeolóxica de Madrid e Xeral do Reino (actual Instituto Xeolóxico e Mineiro de España), foi membro de mérito da Sociedade Xeológica de Londres e académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.)