Cargando eventos

« Todos eventos

Casiano del Prado y Vallo

4 - Xullo

4 x. jpgO 4 de xullo de 1866 morre o xeólogo Casiano del Prado y Vallo. Nado en Santiago  o 13 de agosto de 1797 e finado en Madrid,  foi enxeñeiro de minas e xeólogo, considerado un pioneiro da Arqueoloxía. Con vinte anos foi detido pola Inquisición e acusado de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler  libros prohibidos. Pasou máis de un ano recluído e incomunicado nos cárceres da Inquisición. Formou parte da Comisión para a Carta Xeolóxica de Madrid e Xeral do Reino (actual Instituto Xeolóxico e Mineiro de España), foi membro de mérito da Sociedade Xeológica de Londres e académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.)

 

Detalles

Data:
4 - Xullo