Loading Events

« All Events

Casa-Museo Manuel María

7 - Setembro

7sO 7 de setembro de 2013 inaugúrase A Casa-Museo Manuel María. Situada en Outeiro de Rei é o espazo en que se acolle o conxunto do legado do escritor e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Está concibida como un espazo físico para albergar a biblioteca, os manuscritos, os obxectos persoais e demais elementos do mundo que foi do escritor, servindo ademais como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra  entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións. As obras supuxeron a restauración dunha vivenda  prototipo da casa chairega. A Casa-Museo contén un fondo artístico moi importante, que inclúe obras de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Sucasas, Alfonso Abelenda, Manuel Torres, Blas Lourés, Felipe-Senén, Raimundo Patiño, Xavier Pousa, Argüelles, Balboa, Díaz Pardo, Castro Gil…, unha  biblioteca cunha das mellores coleccións particulares do libro galego ou sobre Galiza desde a postguerra até a actualidade e numerosos documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega coas que Manuel María mantivo estreita relación, como é o caso de Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro ou Francisco Fernández del Riego.

Details

Date:
7 - Setembro