
Carta de Avinza
20 - Maio
O día 20 de maio de 1289 asinouse a Carta de Avinza entre xudeus e cristiáns de Allariz. Era un documento que regulaba a convivencia entre as dúas comunidades relixiosas. As xudarías galegas documéntanse fundamentalmente no século XV e, con anterioridade a esa data, só existe unha única referencia á existencia dun barrio xudeu en Galicia: a da carta de avinza de Allariz.
Aínda que non se explicita a causa que orixinou o documento –a carta de avinza–, todo parece indicar que eran problemas relixiosos. Asinaron por un lado as autoridades cristiás de Allariz e polo outro Isaac Ismael, xudeu maior.