Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Carmiña Prieto Rouco

13 - Xaneiro

Carmen PrietoO 13 de xaneiro de 1901 nace en Vilalba a poeta e dramaturga Carmen Prieto Rouco. Desde moi nova comezou a escribir e a súa poesía –seguidora de Rosalía– é de temática costumista e moitas veces ten tamén un carácter anticaciquil. En Faro Villalbés foi onde publicou moitos dos seus poemas. Carmen Prieto está considerada unha das precursoras da escrita teatral galega. Católica e de ideoloxía conservadora, despois do golpe de estado, cantou as glorias do franquismo, deixando de publicar en galego. Será en 1956 cando publicar –bilingüe– o poemario Lluvia menuda. 

Details

Date:
13 - Xaneiro