Loading Events

« All Events

Carlos Velo

1 - Marzo

1m

O 1 de marzo de 1988 morre Carlos Velo Cobelas. Nado en Cartelle (Ourense) o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, Carlos Velo é considerado como o fundador do documental en Galiza e en España. Con experiencia na creación de cineclubs coñeceu o que estaban a facer as vangardas cinematográficas europeas, unhas referencias que sintetizou na súa filmografía. No seu filme Galicia (1936) describe a realidade galega diferenciando entre a Galicia do interior e a da costa. Este filme é un traballo sobre o espazo cunha vertente plástica e que atendía a postulados ideolóxicos. Nel colaborou Castelao debuxando os títulos de crédito. “O día que eu vexa unha película en galego e con subtítulos en castelán, será o día de máis ledicia da miña vida.” dicía Velo

Details

Date:
1 - Marzo