Loading Events

« All Events

Carlos Sobrino Buhigas

4 - Decembro

4dO 4 de decembro de 1978 morre en Vigo o pintor Carlos Sobrino Buhigas.
Participante en numerosas exposicións, individuais e colectivas,obtén diversos premios entre os que cabe destacar a Mención Honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes e a 3ª Medalla na Exposición Internacional de Barcelona. Coa obra Cristo do Casal Dourado consegue a 3ª Medalla no Centro Galego de Bos Aires  e recibe a 2ª Medalla na Exposición Universal de Panamá con Rúas dunha cidade galega. A súa obra, manténdose sempre na temática, a técnica e a súa estética de paisaxes e escenas costumistas, estará presente en tódolos museos de Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares de España e América. Foi colaborador da revista Blanco y Negro e realiza ilustración para revistas, libros e xornais, entre eles o Faro de Vigo. Na Alameda de Pontevedra deixou vinte e tres azulexos con distintas paisaxes e escenas, rurais e urbanas, pintadas en 1927 e restaurados durante a reforma da contorna do parque en 2010.

Details

Date:
4 - Decembro