Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Carlos Maside

10 - Xuño

10xO 10 de xuño de 1958 morre Carlos Maside, pintor, debuxante e gravador, considerado como o indiscutible renovador da arte galega da primeira metade do século XX. A partir de 1918 empezou a colaborar na revista Vida Gallega, principio dunha longa traxectoria como colaborador en multitude de xornais. En 1923 iniciou a súa colaboración no Faro de Vigo onde realizaba viñetas críticas coa ditadura de Primo de Rivera. Entre os anos 1931 e 1936 Maside participa dun xeito intenso na vida cultural e política,  segue a colaborar na prensa, ilustra libros como Retrincos de Castelao ou De catro a catro de Manuel Antonio, e participa na campaña a favor do Estatuto. Xunto con outros intelectuais fundou Resol. Consegue a praza de profesor de debuxo e impartirá docencia no Instituto de Noia. O seu labor docente  viuse interrrompido en 1937 ao ser cesado como profesor e inhabilitado para exercer a docencia en calquera centro de ensino e para participar en actividades culturais. En 1950 foi nomeado director artístico da editorial Galaxia. A obra de Carlos Maside adoita representar grupos humanos, con especial atención á figura feminina. Na posguerra comeza a resaltar os cromatismos e a usar liñas máis xeométricas. En 1970  Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo crean o  Museo Galego de Arte Contemporánea co propósito de reunir as obras dos diferentes artistas galegos da xeración dos anos trinta e ao que se lle dará o nome de Carlos Maside.

Detalles

Data:
10 - Xuño