Loading Events

« All Events

Canuto Berea

28 - Xullo

O 28 de xullo de 1836 nace Canuto Berea, director de orquesta, violinista, pianista, profesor, compositor e empresario. Foi director titular da Orquestra do Teatro Principal, hoxe teatro Rosalía de Castro, desde 1862. Rexentaba un dos almacéns de música máis prolíficos de toda Galiza, con sucursais en Santiago, Vigo e Ferrol. Está considerado un dos precursores dos orfeóns en Galiza xunto Juan Castro Chané e Pascual Veiga. Presidiu a Academia de Bellas Artes da Coruña e foi alcalde da cidade, aínda que apenas uns meses, en 1889. O seu amplo legado, que consta de miles de partituras impresas, un importante número de libros e manuscritos musicais, correspondencia, catálogos, cartaces, programas… está depositado actualmente na Diputación da Coruña.

Details

Date:
28 - Xullo