Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Cántigas da Terra

28 - Decembro

28dO 28 de decembro de 1916 fúndase Cántigas da Terra. En decembro de 1916 reúnense na Coruña un grupo de intelectuais vencellados ás Irmandades da Fala xunto con comerciantes da cidade coa idea de formar un coro galego que teña por obxecto defender a arte galega en todas as súas manifestacións. Xerardo Roque (xornalista e prateiro) é un dos promotores e Eladio Rodríguez será o seu primeiro Presidente. Debutou ao público o 12 de xullo de 1917.
Unha parte do seu repertorio está constituído por cántigas recollidas do imaxinario popular e outra boa parte xorde de compositores capaces de crear melodías xenuínas que logo foron adoptadas como propias polo pobo, volvéndose anónimas.

Details

Date:
28 - Decembro