Cántiga
5 - Xuño
Cántiga, segundo nos di o propio Curros, é a primeira poesía que escribiu “no dialeuto patrio”, xustamente na tarde do 5 de xuño do 1869. Tiña 17 anos e aínda era estudante. O autor anotou a letra na marxe da lección décima do
manual de Colmeiro, Economía política, o texto do foi o seu primeiro poema. Tempo despois “Cántiga” foi musicada e converteuse nun dos temas máis coñecidos.