Loading Events

« All Events

Borobó

28 - Agosto

28a28 de agosto de 2003 morre en Santiago de Compostela o xornalista e escritor Raimundo García Domínguez máis coñecido por Borobó. Durante a Guerra Civil defendeu en todo momento a legalidade republicana e rematada a guerra  Borobó participou na reconstrución da Frente Popular na clandestinidade. Publicou os seus primeiros artigos no xornal vespertino compostelán La Noche, xornal de gran influencia e prestixio literario, chegando a ser o seu director. Dirixiu El Correo Gallego  colaborou en xornais como La Vanguardia, ABC, Informaciones, Pueblo, El País, El Imparcial, El Sol ou La Tarde. Figura sobranceira do xornalismo cultural e literario, Borobó é autor de miles de artigos, mais escribiu tamén comedias, narracións, ensaio e guións para cinema.

Details

Date:
28 - Agosto