Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Bieito Cupeiro

14 - Febreiro

Bieito CupeiroO 14 de febreiro de 1914 nace en Barallobre (Fene) Bieito Cupeiro Vázquez, mestre e escritor. Ao igual ca outros ilustres galegos emigrados á Arxentina, traballou arreo pola cultura galega. Polo ano 1945, comeza a súa relación coa Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, formando parte da Comisión de Cultura, que redactaba o xornal “Galicia”. Bieito Cupeiro foi presidente da Irmandade Galega de Bos Aires, directivo do Centro Coruñés, do Instituto Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego e do Consello de Galiza. Dirixiu a Revista “Orzán” e, durante un tempo, “A Nosa Terra”. Xunto con Neira Vilas e Manuel Pedreira funda, en 1953, as Mocidades Galeguistas.

Details

Date:
14 - Febreiro