Cargando eventos

« Todos os eventos

Bernardo Mato Castro

4 - Setembro

4sO 4 de setembro de 1936 morre asasinado o mestre Bernardo Mato Castro. Intentando refuxiarse na casa dos seus pais en Godoi (A Estrada) é interceptado polos falanxistas e golpeado até que queda inconsciente. Co cranio fracturado foi trasladado moribundo até a casa dos pais. Morre o 4 de setembro de 1936 ás 11 da mañá. Bernardo mato estivo emigrado en Cuba, onde exerceu a docencia no Centro Galego da Habana. Dirixiu o instituto Cervantes e logo consegue a praza de mestre en Forcarei, dá clases na Somoza, Becerreá e, finalmente, en Teo. Foi un mestre de avanzados métodos pedagóxicos, crea unha escola nocturna para adultos e introduce a aprendizaxe de oficios que deran independencia económica aos rapaces, ao mesmo tempo que adquirían o resto dos coñecementos. As páxinas dos xornais recolleron a miúdo as súas reflexión sobre o ensino.

Detalles

Data:
4 - Setembro